Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Atletismo Rúa busca voluntarios para o Gran Premio de Montaña que se celebrará en outubro

Participantes na anterior edición do GPM A Rúa celebrado en 2019./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O vindeiro 3 de outubro, seguindo un riguroso protocolo Covid e sempre que a situación sanitaria o permita, celebrarase o 5º Gran Premio de Montaña Galitiming A Rúa, unha edición especial con varias opcións: Maratón (Copa Galicia Absoluta); Trail; Andaina; e MiniTrail (Copa Galega Júnior) e  que por primeira vez será proba oficial da Federación Galega de Montañismo.

Será un gran evento deportivo que contará entre outros co deportista portugués Ruben Veloso Atleta “un dos mellores especialistas da Península Ibérica, que estará presente nos 26K do GPM 2021”, adiantan dende a organización, o Club Atletismo Rúa, que busca voluntarios para colaborar na organización do evento. Os interesados poden poñerse en contacto co club a través do correo electrónico: atletismorua@gmail.com, nos teléfonos: 606 660 747/ 619 143 881 e tamén a través dos códigos QR que aparecen no cartel.

 

Artigos relacionados

Back to top button