Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

O Atletismo Rúa presenta o seu proxecto para a posible creación dun club de montaña

 

A proba estrela do Club Atletismo Rúa é o Gran Premio de Montaña que en outubro de 2021 celebraba a edición máis épica, por iso dende a directiva están valorando moi seriamente a posibilidade de crear un club de montaña federado “cun equipo forte de trail e de andinas con actividades periódicas”.

Un proxecto que na tarde do sábado 12 de marzo presentaban á poboación nunha xuntanza celebrada no andar superior do Centro Cultural Avenida.

Tal como explica o presidente do Atletismo Rúa Fernando Navarro, “estamos sondeando á xente da Rúa e vemos que hai posibilidade de crear un club novo para o ano 2023”. Así, trala xuntanza explicativa de onte, “quedamos pendentes dunha nova reunión despois do verán para xa considerar definitivamente a creación ou non do club de montaña”, di Fernando.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button