CulturaCulturaÚltima hora

O audiovisual con selo valdeorrés, recoñecido nos XX Premios Mestre Mateo

"Hierro", producida polo petinés Alfonso Blanco, logra 6 galardóns e "Augas Abisais", de Xacio Baño, o de mellor curtametraxe

Imaxe dos galardoados nos XX Premios Mestre Mateo./ Foto: Academia Galega do Audiovisual.

 

Ata sete recoñecementos sumaba o audiovisual con selo valdeorrés na XX Gala dos Premios Mestre Mateo, cuxa gala se celebraba na tardiña do 19 de marzo en Expocoruña. Así, neste evento da Academia Galega do Audiovisual, a serie “Hierro” da Produtora Portocabo, cuxo director xeral é o valdeorrés Alfonso Blanco, colleitaba o maior número de galardóns, un total de seis.

Hierro“, que partía con 8 candidaturas finalistas, conquistou o galardón á mellor serie de televisión; mellor dirección para Jorge Coira; mellor guión para Pepe Coira, Fran Araújo, Araceli Gonda, Lidia Fraga e Eligio R. Montero; mellor montaxe para Jorge Coira, Gaspar Broullón e Juan Galiñanes; mellor música orixinal para Elba Fernández e Xavi Font e mellor dirección de produción para Ana Míguez.

 

O produtor valdeorrés Alfonso Blanco, tras recoller un dos galardóns de “Hierro”.

 

Outro traballo distinguido vinculado a Valdeorras é “Augas Abisais” de Rebordelos, dirixida por Xacio Baño, vinculado familiarmente ao Barco. Recibía o premio á mellor curtametraxe.

Dobre premio neste caso para as terras de Verín, da man de #DígochoEu, de CRTVG”,  premiado como mellor programa, e da súa presentadora Esther recibiu o galardón a mellor comunicadora para Esther Estévez Casado.

Por outra banda, tamén resultaban recoñecidos o filme “Jacinto” con 4 premios, entre eles o de mellor actor para o lembrado actor Pedro Brandariz, recentemente falecido.

O último premio da noite, o de mellor longametraxe, foi parar a “Tres”, que tamén gañou os Mestre Mateo a Mellor actriz protagonista para Marta Nieto e Mellor son para Daniel Fontrodona, Oriol Tarragó, Marc Bech e Marc Orts.

 

Xacio Baño, co galardón á mellor curtametraxe.

 

“A Virxe Roxa” foi votado polas académicas e académicos como mellor documental. “Redes Vivas”, de Metronoventa Creatividad e Producción Publicitaria, foi distinguido co premio a mellor anuncio publicitario. O videoclip da canción “Figa”, de Tanxugueiras, producido por Playplan e Trece Amarillo, obtivo o Mestre Mateo ao mellor videoclip.

“Hierro”, que partía con 8 candidaturas finalistas, conquistou o galardón á mellor serie de televisión; mellor dirección para Jorge Coira; mellor guión para Pepe Coira, Fran Araújo, Araceli Gonda, Lidia Fraga e Eligio R. Montero; mellor montaxe para Jorge Coira, Gaspar Broullón e Juan Galiñanes; mellor música orixinal para Elba Fernández e Xavi Font e mellor dirección de produción para Ana Míguez.

“Jacinto” fíxose con 4 galardóns dos 11 aos que optaba: mellor dirección de arte para Samuel Lema, interpretación masculina protagonista para Pedro Brandariz, maquillaxe e perruquería e vestiario, para Lorena Calvo.

“Malencolía”, de Alfonso Zarauza, fíxose con dous galardóns para os seus actores de reparto: Diego Anido e Iolanda Muíños.

O resto de premiados da noite foron Jairo Iglesias a mellor realización por “Origen”; Lucía C. Pan a mellor dirección de fotografía por “¿Qué hicimos mal?”, e Mataría Microserie, de Dinamo Producións e Javi Sega Producciones, como mellor serie web.

Na Gala, a cineasta, xornalista, investigadora, poeta e escritora Margarita Ledo recibiu o premio de honra Fernando Rey en recoñecemento á súa traxectoria “comprometida coa reflexión, a creación, o feminismo e a nosa lingua”.

Javier Veiga, Iolanda Muíños, Lucía Veiga, Alba Mancebo, Chechu Salgado, Isabel Blanco, Moncho Lemos, Alfonso Agra, Mela Casal, Santi Prego e Blanca Cendán foron os encargados de anunciar as gañadoras, nunha gala que contou coa música do Coro Sisters in the House e que foi emitida en directo pola TVG.

Palmarés de “Hierro” nos XX Premios Mestre Mateo

 

Fotos: Academia Galega do Audiovisual.

Artigos relacionados

Back to top button