OurenseÚltima hora

O Auditorio de Ourense acollerá o “Concerto das Letras” para celebrar o Día das Letras Galegas

O Concello de Ourense e o Consello da Cultura Galega asinaron un convenio que fará que veñan á cidade a Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica
Ramón Villares e Jesús Vázquez. 

O Concello de Ourense e o Consello da Cultura Galega veñen de asinar un convenio para que, o próximo 16 de maio, o Auditorio Municipal acolla un concerto gratuíto da Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica, baixo a dirección de Máximo Zumalave, para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Este ano réndese homenaxe a Carlos Casares,”un fillo predilecto da cidade”, lembrou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Baixo o título “O concerto das letras”, tanto o rexedor municipal como o presidente do Consello da Cultura de Galicia, Ramón Villares e o presidente da fundación Casares, Xavier Casares, animaron aos ourensáns a acudir a esta cita para gozar da música galega.

“Convido aos veciños e as veciñas a que gocen con esta excepcional actividade que acollerá o Auditorio, oportunidade única que escoitar a marabillosa interpretación da Real Filharmonía de Galicia, e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica. Pero tamén a que reivindiquen a nosa lingua, a nosa cultura, a nosa literatura, e lembrar sempre o papel sensacional que no apoio delas xogou Carlos Casares Mouriño”, concluiu o alcalde, Jesús Vázquez.

Artigos relacionados

Back to top button