CulturaCulturaÚltima hora

O Auditorio de Verín acolle a representación da obra “Las desventuras de Arlecchino”

 

O domingo 22 de maio, ás 20:30 horas, a compañía MDM Producciones, poñerá en escena “Las desventuras de Arlecchino”, unha comedia crítica de Carlo Goldoni na que nos invita a reflexionar, a través dos seus personaxes arqueotípicos, sobre os usos e costumes dunha época na que a xustiza e a liberdade eran para uns poucos.

 

 

A comedia narra as aventuras e desventuras de Arlecchino, un servente que vai amoreando no seu haber unha serie de incidentes como roubos, golpizas, enganos, enredos -e ata a encarcelación- polo só feito de non posuír unha boa condición social. A comedia baséase na simple e vivaz acumulación de sucesos que este personaxe ten que pasar, polo só feito de ter que subsistir o día a día.

As entradas xa están dispoñibles, por 10 euros, na taquilla do Auditorio Municipal Verín (Horario: 17:00 a 20:30h).

Artigos relacionados

Back to top button