DeportesÚltima hora

O Auriense FG ascende a primeira división

O equipo masculino lograba o fito no último partido da liga ao vencer en Ourense ao Dorna da Illa de Arousa

Na súa segunda tempada oficial na liga galega, o Auriense FG vén de lograr un fito histórico: o ascenso a primeira división. A vitoria este domingo no campo ourensán da Universidade ante o Dorna da Illa de Arousa (Pontevedra), terceiro clasificado “permitiu confirmar o ascenso na derradeira xornada de liga, acompañando deste xeito á categoría superior ao Mecos de O Grove”, explican dende o club ourensán.

Con este triunfo e ascenso, o club culmina unha tempada “espectacular” na que conseguía asemade un 5º posto na Copa galega en masculino e 4º en femenino, e na que Ourense foi sede do amigable disputado entre as seleccións galega e francesa, “o primeiro partido fóra de Irlanda en ser retransmitido en directo por unha canle de televisión”.

Artigos relacionados

Back to top button