DeportesÚltima hora

O Auriense FG Campus da Auga comeza a pretempada

O único club de fútbol gaélico da provincia de Ourense convida a participar no adestramento de iniciación

Imaxe de arquivo do equipo feminino do Auriense FG. 

 

Mañá, xoves 22 de agosto, o Auriense FG Campus da Auga comeza os adestramentos da tempada 2019-2020 para os seus equipos feminino, masculino e mixto. Será no campo anexo de Oira (Ourense), de 20 a 22 horas.

Comeza así a pretempada para o único club de fútbol gaélico da provincia de Ourense, que convida “a todas as persoas interesadas en coñecer e probar este deporte, a participar neste adestramento de iniciación”.

Malia seguir sendo un deporte minoritario, nos últimos anos o fútbol gaélico tivo un crecemento mediático moi relevante en Galicia, e o equipo do Auriense vén de facer varias tempadas “a un nivel deportivo alto, tendo ademais, a única escola universitaria de Galicia”, puntualizan dende o club.

Artigos relacionados

Back to top button