DeportesÚltima hora

O Auriense FG Campus da Auga regresa á senda das vitorias

O equipo masculino do club ourensán vencía 5-05(20)/5-08(23) ao da Estrada
Equipo masculino do Auriense FG Campus da Auga.

De “emocionante” califican dende o Auriense FG a victoria do equipo masculino na Estrada, contra o equipo local do Braithreachas. Tal como eles mesmos explican, aínda que sempre mandou no marcador, o equipo ourensán non puido despegarse dos estradenses en todo o encontro e o “Cheas”, equipo que ocupa postos de abaixo na clasificación, “demostrou que ten plantel para competir con calquera equipo da liga”, cun final de infarto que finalmente daba a vitoria aos visitantes 5-05(20)/5-08(23) que se sitúan de novo na parte alta da clasificación.

De cara á vindeira fin de semana, o domingo 16 de decembro regresa á competición o equipo femenino, desta volta cun partido que promete ser igualadísimo, contra as Herdeiras de Dhais de Lalín. De ganar, as ourensás subirían ata os primeiros postos da táboa. O equipo masculino pola súa banda, lotará polo cuarto posto da clasificación. “Quen leve os puntos, terá case asegurado o seu pase no grupo de arriba, que dá acceso á loita polo título galego”, adiantan dende o club, convidando aos veciños a desfrutar dunha tarde de fútbol gaélico na cidade.

Artigos relacionados

Back to top button