DeportesÚltima hora

O Auriense FG masculino, campión da Copa Shield A Coruña 2108

Vencía a Herdeiros de Dhais na final do torneo disputado nas instalacións coruñesas de A Torre

Máis de 300 xogadores e xogadoras de fútbol gaélico chegados de toda a xeografía española, desfrutaban dunha “apaixonante xornada” nas instalacións de A Torre (A Coruña) durante todo o sábado 26 de maio.

Por unha banda, celebrábase o Torneo Ibérico no que competían os mellores equipos da península entre si e onde, finalmente, na categoría masculina Harps de Madrid e Fillas de Breogán da Coruña na feminina, alzáronse cos respectivos campionatos. O Auriense FG feminino, clasificado para este torneo, caía na primeira ronda, pasando a disputar a Copa Shield, na que caía derrotada ante as Harpes de Madrid.

A alegría para o club ourensán chegaba coa vitoria do equipo masculino que, sen perder ningún dos seus partidos do grupo de clasificación, apenas pasou apuros en semifinais contra Cambados. Na final, Herdeiros de Dhais de Lalín, 4º clasificados do campionato liguero, non puideron frear o ataque ourensán e, cun 12-8 final, o equipo do Auriense conseguía a súa primeira copa oficial.

Artigos relacionados

Back to top button