DeportesÚltima hora

O Auriense FG promociona o fútbol gaélico cunhas xornadas en Ourense

II xornadas abertas, do 9 ao 14 de abril no Campus Universitario
Presentación das xornadas en Ourense.

 

Co obxectivo de dar a coñecer o fútbol gaélico e animar aos universitarios a que se unan á práctica deste deporte de equipo, o Auriense FG organiza a II edición das xornadas abertas de promoción e iniciación que se celebrarán no Campus Universitario de Ourense dende hoxe ata o sábado 14 de abril.

O programa arranca esta tarde na sala multiusos Emilia Pardo Bazán cunha introdución teórica ao fútbol gaélico de 16 a 17h. seguida dunha parte práctica, se chove no pavillón universitario e se fai bo tempo no campo de herba. Mañá, martes 10 de abril, na mesma sala multiusos haberá unha sesión audiovisual de 17 a 19 h. e adestramento ás 21:30h.

 

Xogada do equipo masculino do Auriense FG.
O mércores 10 de abril, as xornadas cambian de ubicación e de 17 a 19h. fronte ao edificio de Ferro xunto ás escaleiras que dan ao politécnico, de xeito máis informal haberá un faladoiro sobre o Auriense FG. “Buscamos atraer ás estudantes para que formulen as dúbidas que queiran”, explican dende a organización. Ás 20:30h. haberá adestramento.

Tamén o venres, 12 de abril, haberá adestramento ás 21:30h;  e o sábado día 13 a correspondente xornada de partidos masculino e feminino (horario pendente de confirmación) e festa posterior no pub El Pueblo.

Artigos relacionados

Back to top button