DeportesÚltima hora

O Auriense FG regresa aos adestramentos

Dous membros do club, Alba e Jacobo, participaron no torneo europeo de fútbol gaélico en Lorient (Francia)
Selección galega de fútbol gaélico.

O Auriense FG, tanto na categoría masculina coma feminina, regresa hoxe aos adestramentos no Campo da Universidade. E o equipo ourensán, o único da provincia de Ourense na liga galega de fútbol gaélico, afronta esta tempada con “moitas ilusións e aspirando de novo a quedar en ambas categorías entre os 4 primeiros equipos”.

A cita será a partires das 20 horas, convidando a todas aquelas persoas que o desexen a participar nos adestramentos abertos. Dende o club informan que asemade comeza a difusión da escola deportiva de fútbol gaélico que, en colaboración co servizo de deportes da Universidade de Vigo, é pioneira en Galicia ao ser a primeira e única escola universitaria deste deporte.

Por outra banda, a pasada fin de semana tiña lugar, no marco do festival Interceltique de Lorient, o torneo europeo de fútbol gaélico, no que Galicia contaba con representación tanto masculina coma feminina. Por parte do Auriense F.G xogaron Alba e Jacobo. Os dous lograron a clasificación á final, na que tanto no cadro masculino coma no feminino agardaba a perigosa selección francesa. Na final masculina a vitoria caeu no lado francés nos derradeiros minutos mentres que no outro cadro as rapazas da nosa selección acadaron a vitoria na prórroga.

 

Jacobo e Alba, do Auriense FG.

Artigos relacionados

Back to top button