SanidadeÚltima hora

O autobús de ‘Coidados porta a porta’ chega a Castrelo de Miño

Ofrecerá servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria aos maiores

 

Na mañá deste luns 18 de O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, acompañado do delegado da Xunta, Gabriel Alén, visitaba en Castrelo de Miño o autobús de ‘Coidados Porta a Porta’ que está a ofrecer servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores da localidade de xeito gratuíto. Fernando González Abeijón sinalou que nos primeiros 15 días do programa Coidados Porta a Porta, posto en marcha pola Consellería de Política Social, atendeu a máis de 850 persoas en 16 localizacións diferentes.

Ademais de Castrelo de Miño, o autobús pasará esta semana polo concello da Arnoia na provincia de Ourense, Miño e Pontedeume na da Coruña, Alfoz e Mondoñedo na de Lugo, e Tui e Salceda de Caselas na de Pontevedra. En cada un destes concellos estará tres días ofrecendo servizos destinados aos maiores de 55 anos. Pódese ver o calendario do programa na páxina web da Consellería de Política Social. Para acudir é necesario solicitar cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaporta.politicasocial@xunta.gal.

A Xunta de Galicia investirá 10 millóns de euros nesta iniciativa pioneira, que permitirá achegar a todos os galegos revisións e valoracións auditivas; atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; e realización de probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

Artigos relacionados

Back to top button