CulturaCulturaÚltima hora

O autocine da Rúa regresa mañá ao Aguillón coa proxección de “Cuñados”

A apertura de portas será ás 22:30 horas

Autocine na Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

No marco das actividades de verán no concello da Rúa, programadas a través da Rede de Auditorios da Deputación de Ourense, regresan ao Aguillón as sesións de autocine iniciadas o ano pasado, en plena pandemia. Será mañá, sábado 31 de xullo, coa proxección do filme Cuñados.

O lugar será de novo o Campo de Tiro con Arco. A apertura de portas será ás 22:30 horas e a proxección ás 23 horas.

As entradas custan 5 euros por vehículo (á venda no Concello ou en taquilla) e hai unha serie de recomendacións e normas a seguir.

A seguinte sesión será o sábado 7 de agosto coa proxección de Bohemian Rhapsody.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button