DeportesGalerías de fotos

O Balneario de Laias, punto de partida da 1ª etapa da Volta ’16

O equipo ciclista Sky supera por centésimas a Movistar, levándose a contrarreloxo por equipos entre Cenlle e Castrelo de Miño

Unha gran expectación (con afeccionados chegados dende diferentes puntos da provincia) esperaba o inicio da Volta 16, a ronda española máis galega con ata catro etapas pola provincia de Ourense. A primera etapa, na tarde do 20 de agosto, arrancaba ás 18:26 horas no Balneario de Laias. Sobre a rampa de saída e tralo corte da cinta inaugural por parte dos políticos, o equipo alemán Bora-Argón era o primeiro en saín. A partires de aí, cada catro minutos ían saíndo os otros 21 equipos participantes nesta edición da Volta. O Movistar Team de Valverde e Castroviejo era o antepenúltimo mentres que o Tinkoff de Contador pechaba a saída.

E precisamente o equipo español quedaba a escasas centésimas do gañador da contrarreloxo por equipos que abría a carreira cun percorrido de 28 quilómetros ata o parque náutico de Castrelo de Miño. O equipo británico Sky superaba por unhas centésimas o tempo de 30’37” marcado polo Movistar e por seis a ao Orica-Bike Exchange de Esteban Chaves, situando como líder ao tamén británico Peter Kennaugh que lograba a primeira camiseta vermella da proba.

A segunda etapa, de 160,8 quilómetros entre a cidade de Ourense e Baiona era para o belga Gianni Meersman (Eixx-Quick Step), o segundo en levar a ansiada camiseta de gañador.

A Volta regresa a Ourense o aoves 25 de agosto, coa sexta etapa de 163,2 quilómetros entre Monforte de Lemos e Luintra (Ribeira Sacra), deixando terras galegas ao día seguinte, venres 26 de agosto coa sétima etapa: 158,5 quilómetros entre Maceda e Puebla de Sanabria.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button