CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O banco de terras de Galicia, na apertura das “Xornadas sobre as oportunidades do Medio Rural” no Barco

O programa deste foro, que se desenvolverá ata o 28 de xaneiro, iniciábase cunha conferencia a cargo de Alejandro Sánchez de Dios, subdirector de Mobilidade de Terras

O acceso á terra e a súa posta produción centraban a primeira das ponencias do programa das “Xornadas sobre as oportunidades do Medio Rural”, que se abría na tarde do 10 de decembro no Barco. O salón de actos do edificio multiusos acollía a conferencia “A loita contra o abandono e a mobilización de terras produtivas”, a cargo de Alejandro Sánchez de Dios, subdirector de Mobilidade de Terras e responsables do Banco de Terras de Galicia, que foi presentado polo alcalde do Barco, Alfredo García.

A seguinte conferencia do programa está prevista apara o 17 de decembro e terá como temática “Oportunidades de montaña: o cultivo do arando” da man do produtor de arandos valdeorrés Javier Breixo Paz, titular dunha explotación deste tipo de froito na Veiga.

Xa en xaneiro as xornadas continuarán con ponencias sobre experiencias no rural, recuperación de oliveiras galegas, innovación na xestión silvopastoril con porco celta ou sobre o aproveitamento sostible dos soutos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close