EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O bar A Cova reabre as portas con nova xerencia, no Barco de Valdeorras

Na xornada do 18 de maio, en plenas festas de Santa Rita, o bar A Cova reabría as portas ao público na céntrica praza José Otero, no Barco de Valdeorras. E facíao con nova xerencia e especializándose en tapas e racións holandesas elaboradas con produtos chegados expresamente dende os Países Baixos para o público valdeorrés.

Así, a partires da vindeira fin de semana, quen se achegue ata este local de hostalaría poderá degustar algunha das súas especialidades, destacando as patacas holandesas cunha gran variedade de salsas e snaks de carne.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button