Galerías de fotosÚltima hora

O bar de Fontei (A Rúa) reabre con nova xerencia

O Hostal-Residencia O Pillabán está ubicado na praza Enriqueta Casanova

Despois duns días pechado, o bar de Fontei reabría as portas ao público na tarde do 5 de xuño. E facíao completamente reformado. Nova xerencia, nova imaxe e novo nome.

Con Juan Lamas Rodríguez ao fronte, e situado en plena praza Enriqueta Casanova da Rúa, o Hostal-Residencia O Pillabán conta con seis habitacións e restaurante, aínda que de momento, a unha semana das festas de San Antonio, só está aberto o bar, no que se servirán pinchos e tapas variadas. Máis adiante arrancará o hostal.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button