CulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O Baranda celebra o X aniversario

Numeroso público asistía á festa organizada o xoves 17 de decembro

Parece que foi onte cando a sala de concertos Baranda abría as portas na rúa Pescadores do Barco de Valdeorras e xa pasou unha década. Unha data que dende a actual xerencia (ao fronte dende finais de 2013) decidían celebrar cunha festa por todo o alto “co único obxectivo de agradecervos todo o cariño e apoio que nos brindastes ao longo destos 10 anos”, din dende a sala.

Así, na tarde-noite do xoves 17 de decembro, numeroso público se achegaba ata o local para disfrutar de boa música e exquisita e abundante comida, entre que a que non faltou o xamón servido en directo polo cortador Luis Miguel Rodríguez (Bembibre).

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button