Galerías de fotosÚltima hora

O Baranda vibrou ao ritmo de Tasnochando

Con este concerto, o grupo valdeorrés pechaba a xira do seu primeiro disco

Cos sons máis potentes e animados de Trasnochando, a sala Baranda do Barco de Valdeoras, pechaba as actuacións do ano 2014.

O concerto, co que a banda valdeorresa daba por concluída a xira do seu primeiro disco “Farolas Encendidas”, tiña lugar na medianoite do venres 26 de decembro, diante dun numeroso público que bailou, saltou e cantou a ritmo do rock feito en Valdeorras. Ademais a actuación foi gravada en video polo que os asistentes terán a oportunidade de formar parte do videoclip da canción “Sobredosis de Helio”.

Tras este novo éxito no Baranda, Trasnochando centrarase no que será o seu novo traballo de estudo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button