ConcellosParada de SilSen categorizarÚltima hora

O barcelonés Daniel Olivera gana o IX Concurso de Microrrelatos de Parada de Sil

O certame batiu récord de participación con case 2.000 participantes procedentes dos cinco continentes

 

Héctor Daniel Olivera Campos, de Badía del Vallés (Barcelona), vén de ser declarado ganador da novena edición do Concurso de Microrrelatos de Parada de Sil, co traballo titulado “Metales pesados”. O xurado integrado por Antonio Carreño, catedrático emérito da Brown University; Arturo Fernández, catedrático emérito de Lingua española; e Delfín Caseiro, escritor e inspector de Educación, concedeu o segundo premio ó microrrelato “De ollos do pasado”, da autora chantadina Catarina Cortizas Leira, en tanto que o terceiro recaeu no traballo de “Amo a mi Sil”, de Luis Gispert Macián, de Segorbe (Castellón). Os membros do xurado destacaron a alta participación no certame, así como a calidade de moitos dos traballos.

Neste senso, o concelleiro de Cultura de Parada de Sil, Francisco Magide, abondou no número de microrrelatos presentados, “que certifican a consolidación do certame dentro do panorama literario español, cunha participación que implica un traballo ímprobo para os membros do xurado, aos quen en nome do Concello lles agradezo o seu traballo pola adicación que esixe e polo feito de que fan de xeito altruísta”. Magide suliñou tamén o feito de que “por vez primeira se recibiron obras procedentes dos cinco continentes, feito que apuntala tamén como o premio ten traspasado fronteiras, chegando ós rincóns máis insospeitados grazas ás novas tecnoloxías”.

 

 

Tradicionalmente, o premio era entregado na xornada que o concello adica cada ano a Festa das Letras Galegas, na que ademais da persoalidade da data, acostuma homenaxearse a a algún persoeiro destacado que sexa natural de Parada ou que estea vencellada a este concello. Neste caso, debido ás dificultades para este tipo de actos polas restricións derivadas da pandemia, a homenaxe das Letras quedou adiada, polo que -como xa suxedera o ano pasado- a entrega de premios do concurso de microrrelatos terá lugar nun acto específico no salón de plenos co concello de Parada, presidido polo alcalde Aquilino Domínguez, nunha data que será dada a coñecer a próxima semana.

 

Artigos relacionados

Back to top button