CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O Barco abre o prazo para pedir bolsas de compra de libros e material escolar de educación infantil

Permanecerá aberto ata o 30 de xuño e as solicitudes poderán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello
Diverso material escolar e libros./ Foto: A.R.

Este luns 11 de xuño vén abrirse o prazo no Concello do Barco para a presentación de solicitudes de bolsas para a compra de libros e material escolar de educación infantil para o curso 2018-2019.

Para ter dereito a estas axudas, os ingresos familiares terán que ser inferiores a 18.000 euros anuais/netos ou superando esa cantidade non exceda a R.P.C. da unidade familiar de 4.300 euros, entre outros requisitos que aparecen nas bases, segundo se informa dende o Concello do Barco. Estas bases poden consultarse no BOP do 11 de xuño.

As solicitudes poderán presentarse no rexistro de entrada do Concello do Barco nos días hábiles e en horario de 9:00 a 14:00 ou no rexistro electrónico do Concello do Barco (htps://sede.concellodobarco.org). O prazo permanecerá aberto ata o 30 de xuño de 2018.

Calquera consulta ou aclaración en relación coas solicitudes ou documentación a presentar poderá facerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close