En portadaÚltima hora

O Barco acenderá esta tarde as luces de Nadal

O programa navideño elaborado polo Concello inclúe música, teatro, cine, exposicións e a pista de xeo

 

Cun formato similar ao do ano pasado e especialmente pensado para o público infantil e familiar, se presenta este ano o programa de Nadal no Concello do Barco de Valdeorras. Un programa que arrancará oficialmente o 17 de decembro cos tradicional concerto de panxoliñas, aínda que o esperado acendido das luces será hoxe, mércores 4 de decembro, a partir das oito da tarde. Así o adiantaba a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta na presentación do “Nadal no Barco 2019”. Este ano estréase alumeado (cun presuposto de 17.700 euros), colocado “nas rúas con maior actividade comercial porque en todas as do Barco é imposible”, asegurou Pizcueta, esperando que á xente lle guste. “Non somos Vigo pero creo que non están nada mal”.

Con respecto ao programa, un ano máis será o Festival de Panxoliñas do Orfeón Valdeorrés cos colexios Otero Pedrayo, Julio Gurriarán e Divina Pastora, quen dé inicio oficialmente ás festas. Será ás 19:30h. na Igrexa de Santa Rita. Ao día seguinte será a quenda do Concerto de Nadal do Conservatorio e da Escola de Música, ás 20h. no Teatro Lauro Olmo; e o 20 de decembro, a do concerto do Orfeón Valdeorrés e da Banda de Música do Barco, ás 20:30h. na Igrexa Santa Rita.

 

Programación de Nadal no Barco de Valdeorras.

 

Outros clásicos destas datas son a Carreira Solidaria do Turrón que este ano chega á XIII edición, o 21 de decembro ás 20h. dende a praza Andrés de Prada; a pista de xeo na praza do Concello; e os inchábeis no Pavillón Vello, do 23 ao 29 de decembro. Pero tamén haberá teatro, cine, maxia e campamento urbano, sen esquecer a visita do Apalpador, o 30 de decembro ás 19h. na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán.

A novidade deste ano é a exposición en lembranza da Ponte Vella de San Fernando no 60 aniversario da súa caída. “Recuperamos a mostra que xa se fixera polo 50 aniversario”, explica a concelleira, adiantando que a inaguración será o 28 de decembro ás 20h. no Teatro Lauro Olmo, con posterior representación de Gargallada Teatro.

O broche ao programa poráo coma sempre a Cabalgata de Reis, prevista para o 5 de xaneiro en torno ás seis da tarde dende a Estación de Autobuses ata a praza do Concello onde terá lugar a recepción real.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button