DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Barco acolle a derradeira xornada previa de atletismo en pista “Xogade”

A fase provincial de Ourense está programada para o vindeiro 19 de maio en Pereiro de Aguiar

Tras as probas celebradas os días 7, 14 e 20 de abril, neste sábado 5 de maio celebrábase nas pistas barquenses de Calabagueiros a derradeira xornada previa de atletismo en pista ao aire libre Xogade (Xogos Galegos Deportivos) nas categorías alevín, benxamín e infantil.

Nela dábanse cita atletas chegados dende diferentes puntos de Valdeorras, pero tamén dende Viana do Bolo e Trives. Nesta xornada podían aínda decidirse, por marcas ou por resultados, a participación dalgúns atletas na fase provincial de Ourense, que está programada para o vindeiro 19 de maio en Pereiro de Aguiar.

Unha vez concluídas as fases comarcais, elaborarase un ranking escolar do que sairán os atletas que estarán presentes na citada competición provincial.

Esta xornada de Xogade no Barco ten sido organizada pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA) e controlada polo Comité Valdeorrés de Xuíces da FGA. A actividade contaba co patrocinio do Servizo Provincial de Deportes da Xunta.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button