DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Barco acolle a I velada de deportes de contacto

O acto contou con loitadores de Kick Boxing e MMA de Galicia, León, Asturias e Portugal

Na noite do 23 de maio, en plenas festas de Santa Rita, o pavillón de Calabagueiros acollía a I Velada Vila do Barco. Co pavillón convertido en ring, ao longo de máis de dúas horas desputáronse combates de tres deportes de contacto: Kick Boxing, K1 e MMA, oito deles en categoría amateur e un profesional con deportistas de Valdeorras, O Bierzo, Oviedo, Santiago de Compostela e Portugal.

A velada contou asemade cunha exhibición de Zumba e de loita Grappling, e estivo organizada polo Club Mamba GYM en colaboración Club Kickboxing Valdeorras, Iron Fitnes Gym & Judo Club Vulcano de O Barco e o Concellaría de Deportes do Barco.

Entre os loitadores estaban os barquenses Javier Carriba, Camilo Arias e Alain Hernández adestrados por Juan e Luis Pardo no Fitnes Gym & Judo Club Vulcano de O Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil de xuño).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button