DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Barco acolle a liga galega de Grappling e MMA

Unha trintena de loitadores de toda Galicia competiron no pavillón de Calabagueiros

Esperaban máis pero finalmente eran uns trinta, os competidores que na mañá do 12 de setembro, en plenas Festas do Cristo, se daban cita no pavillón de Calabagueiros no Barco para participar na liga galega de Grappling e MMA.

A proba estaba organizada polo Club Graíño Team Valdeorras en colaboración coa Federación Galega de Loita e o Concello do Barco e nela participaron loitadores de toda Galicia. Entre eles varios valdeorreses do club anfitrión como Javier Carriba González, Javier Moro Carril ou Annabel González Suárez, entre outros.

Tal como explica o adestrador do club do Barco, Luis Pardo, esta foi a segunda liga que se celebrou, como “unha competición organizada polos clubs, preparatoria para o campionato galego que se celebrará en outubro”.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Mónica G. Bellver
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button