CulturaCulturaÚltima hora

O Barco acolle a presentación do libro “As andrómenas e outros contos” xunto cunha exposición pictórica

O coautor Avelino Jácome, e o ilustrador da obra Miguel Ángel Martínez Coello presentarán o traballo hoxe ás 20:00 horas no Casino

Esta tarde o Casino de O Barco será escenario da presentación do libro “As andrómenas e outros contos”, que contará coa presenza dun dos seus coautores, Avelino Jácome, e do ilustrador Miguel Ángel Martínez Coello.

Ás 20 horas dará comezo a presentación, cunha exposición das pinturas que Martínez Coello realizou para o libro, e seguidamente, sobre ás 20:30 horas terá lugar unha intervención do coautor Jácome que fará unha breve reseña do mesmo.

O acto presentarao o presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, Aurelio Blanco Trincado, quen ofertará a adquisición do libro e outras lembranzas especiais para os asistentes. Este acto está organizado a través do Instituto de Estudios Valdeorreses.

 

Cartel de presentación do libro “As andrómenas e outros contos”.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button