DeportesÚltima hora

O Barco acolle a primeira proba de atletismo poscovid con estritas medidas de seguridade

Trátase da segunda xornada da Copa Deputación e terá lugar na tarde deste 3 de outubro nas pistas de Calabagueiros

Pistas atletismo de Calabagueiros no Barco./ Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Despois de máis de sete meses volve a competición ás pistas de atletismo barquenses de Calabagueiros. A partir das 16h. terá lugar a segunda das catro xornadas do calendario da Copa Deputación de Ourense, que se iniciaba o 26 de setembro na capital da provincia.

A proba barquense desta Copa Deputación (organizada pola Federación Galega de Atletismo a través das súas delegacións en Ourense e Valdeorras) contará coa asistencia duns 70 atletas, segundo adiantan os seus promotores, e desenvolveranse baixo estritas medidas de seguridade sanitarias.

Procolo anticovid

A competición realizarase conforme ao protocolo Anticovid-19 da Federación Galega de Atletismo e aprobado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Celebrarase a porta pechada, só podendo acceder á instalación os atletas, xuíces e persoal de organización e un delegado e un adestrador (por ratio de 10 atletas) por Club, segundo a organización. Os ateltas só poderán acceder á instalación unha hora antes da súa competición e deberán abandonala inmediatamente despois desta.

 

Artigos relacionados

Back to top button