SanidadeÚltima hora

O Barco acolle dous obradoiros de “Quérote+” o 27 de decembro

Estes obradoiros sobre sexualidade serán organizados pola Concellería de Servizos Sociais

A Concellería de Servizos Sociais do Concello do Barco organizará dous obradoiros de “Quérote+”, dentro dos programas elaborados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Este organismo pon a disposición dos concellos de Galicia unha oferta formativa baixo a idea de “ofrecer aos mozos e mozas espazos onde adquirir coñecementos e ferramentas para desenvolverse e medrar dun xeito o máis satisfactorio posible”. No caso do Barco, os obradoiros serán o 27 de decembro, e a inscrición realizarase na planta baixa da Consistorial, ou no teléfono 988320202, extensión 2161.

Un dos obradoiros leva por título “Pracer seguro, seguro pracer!” e vai dirixido a mozas e mozos de 14 a 18 anos e o outro é “Applícate na seducción” para a mocidade entre 18 e 30 anos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close