DeportesÚltima hora

O Barco acolle esta fin de semana a 3ª proba do campionato galego de categorías inferiores de volei praia

No campo do Salgueiral disputarase tamén a XIII edición da Copa Deputación de Ourense da modalidade

Un dos partidos disputados o ano pasado no Salgueira. /Foto: Mónica G. Bellver.

As pistas de area do Salgueiral, no Barco de Valdeorras, acollerán por segundo ano consecutivo unha competición do circuíto galego de volei praia.

Ao longo da fin de semana do 14 e 15 de xullo celebrarase á beira do Sil, a terceira proba do Circuíto Vichy Catalán Volei Praia Tour – Campionato Galego de Categorías Inferiores. O torneo, organizado pola Federación Galega de Voleibol coa colaboración da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia e o seu programa Deporte Galego, acollerá todas as categorías de base. O sábado, a partires das dez da mañá xogarán a sub19 e a infantil, coas finais previstas a partires das catro da tarde; e o domingo a cadete e a alevín cun horario similar.

Ademais, na XIII Copa Deputación de Ourense de Volei Praia, O Salgueiral recibirá á canteira galega, que se disputará un novo e esencial torneo para puntuar con vistas ao título autonómico e a clasificación para os campionatos nacionais.

Artigos relacionados

Back to top button