EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco acolle unha sesión do proxecto “Camiño Creativo de Santiago”

Asistentes á sesión impartida no Barco./ Foto cedida.

 

O salón de actos do edificio multiusos do Barco acollía na tarde do 8 de xullo unha sesión do proxecto “Camiño Creativo de Santiago – Xacobeo21. Emprende!”, que chegará a diferentes poboacións galegas nos próximos días.

Á apertura deste proxecto en Valdeorras, dirixido a emprendedores, asistían o alcalde, Alfredo García; a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta; e o de Turismo, Eladio Santos. A celebración da sesión coordinouse precisamente co departamento municipal de Turismo.

Nas dúas actividades celebradas no Barco, con modalidade presencial e, tamén vía streaming, participaban 15 emprendedores in situ e 25 vía virtual.

En concreto, tiña lugar o taller “Coaching para emprender. Ideación e visión estratéxica (I)” (de 15h. a 19h.), impartido por Julio Marco Barroso, Business Coach da Comisión Europea. Posteriormente, dábase paso, ás 20h., á charla experiencial (en liña) con Xema Hassen-Bey, medallista de esgrima paralímpica, emprendedora social, comunicadora e artista.

Artigos relacionados

Back to top button