CulturaCulturaÚltima hora

O Barco acollerá a 28ª Semana de Cine do 24 de agosto ao 3 de setembro

O presidente do Cine Club Groucho Marx a e concelleira de Cultura do Barco, na presentación da Semana de Cine./ Foto: A.R.

 

Un mes de agosto máis, a sétima arte converterase en protagonista en Valdeorras. O Teatro Lauro Olmo acollerá unha nova edición, e van xa 28, da Semana de Cine do Barco. O seu programa presentábase na tarde do 30 de xullo nun acto no que participaban o presidente do Cine Club Groucho Marx, José María Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, quen destacaba que esta mostra constitúe “o mellor preámbulo para as Festas do Cristo”.

José María Rodríguez desgranaba despois os contidos deste certame, que promove o Cine Club Groucho Marx co apoio do Concello, que incluirá unhas quince películas distribuídas en tres ciclos: cine español, infantil e de actualidade. Entre elas figuran “Casi 40” de David Trueba, “Loving Pablo” de Fernando León de Aranoa, “The Florida Project” de Sean Baker ou, na no bloque infantil, “Leo da Vinci. Misión Mona Lisa”.

O programa incluirá tamén unha homenaxe a tres salas de cine do Barco “na época gloriosa”: Colón, Emperador e Monunental. Ás tres dedicaráselles unha butaca no auditorio barquense. Ademais poderá visitarse a mostra de carteis de cine “Máis dunha ollada” do salmantino Ricardo-Cavolo. No marco da semana tamén se presentará un libro sobre o Camiño de Inverno.

 

Carteis de cine de Ricardo-Cavolo que se exporán na Semana de Cine./ Foto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button