DeportesÚltima hora

O Barco acollerá o 28 de novembro a 3ª Xornada da Copa Deputación de atletismo

Unha das atletas do Adas competindo na xornada da Copa Deputación celebrada en outubro no Barco./ Foto: A.R.

 

Volve á competición ás pistas barquenses de atletismo de Calabagueiros. O vindeiro sábado 28 de novembro está previsto que se celebre nestas instalacións a terceira xornada da XXXVII Copa Deputación de Atletismo en Pista.

A competición, organizada pola Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA), comezará a partires das 16h., segundo o horario provisional que vén de publicarse. A xornada abrirase coa proba de 60 m valados Sub14 masculina, co salto de altura Sub16 (masculino e feminino), co salto de lonxitude Sub14 (masculino e feminino) e co lanzamento de peso Sub14 (masculino e feminino).

Participarán atletas de diferentes categorías (dende os Sub10 ata os absolutos). Entre os inscritos hai xa participantes do Club Adas, do Atletismo Rúa e do Ourense Atletismo, entre outros clubs da provincia de Ourense, pero tamén se espera presenza de atletas doutras provincias como Lugo ou Pontevedra.

No desenvolvemento da xornada aplicaranse as medidas de seguridade fronte ao Covid-19 e o aforo as pistas será controlado e limitado.

Artigos relacionados

Back to top button