ConcellosÚltima hora

O Barco acollerá un obradoiro de banca e comercio electrónico da Unión de Consumidores de Galicia

Impartirase na Aula Cemit da vila, no edificio multiusos, os días 18, 21, 25 e 28 de outubro

Aula Cemit do Barco./ Foto: A.R.

 

“Escola para o apoderamento de mulleres do rural: comercio e banca electrónica” é o título do obradoiro de oito horas de duración que impartirá neste outono no Barco a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade. A través del búscase formar a mulleres en novas tecnoloxías.

Esta actividade realizarase nas seguintes datas: venres 18, luns 21, venres 25 e luns 28 de outubro; en horario de 17:00 a 19:00 horas na Aula Cemit (Edificio Multiusos. Praza do Concello, número 2). “A actividade ten unha duración de oito horas, repartidas en catro sesións de dúas horas cada unha. O número de prazas é limitado. As inscricións realizaranse chamando ao 981 56 64 11 (de 10:00 a 15:00 horas) ou enviando un correo electrónico a prensa@consumidores.gal“, segundo a organización.

Entre os obxectivos deste obradoiro de formación está que as asistentes adquiran coñecementos e habilidades relacionadas coa Sociedade da Información (banca electrónica, comercio electrónico) e , así mesmo, coñezan os seus dereitos como persoas consumidoras e as ferramentas existentes que permiten o exercicio dos mesmos.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close