DeportesÚltima hora

O Barco acollía unha das 8 mesas galegas das eleccións da Real Federación Española de Atletismo

 

Neste mércores 21 de outubro están convocados ás urnas en toda España todos os estamentos atléticos que decidirán a futura composición da Asemblea Xeral da Real Federación Española de Atletismo.

Entre as mesas electorais que abrían as súas portas entre as 17h. e as 20h. de outubro estaba unha no Barco, na sede da Delegación Valdeorresa da FGA, no estadio de Calabagueiros. En Galicia había ademais outras sedes de votación na Coruña (mesa principal), Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol (todas elas mesas auxiliares xunto coa do Barco).

Durante o desenvolvemento do proceso electoral cumpríase cos protocolos de seguridade fronte ao Covid-19 e sometidas en todo momento as recomendacións, instrucións e restricións de cada comunidade autónoma.

As datas máis significativas do calendario electoral serán o 22 de outubro coa proclamación dos elixidos para membros da Asemblea, que dará paso un día despois á convocatoria da asemblea extraordinaria para elección de presidente e comisión delegada. Unha vez pasados os prazos de reclamacións e de impugnacións, reunirase a nova asemblea xeral que votará finalmente o día 28 de novembro ao novo presidente/a entre os candidatos/as, tal e como adianta a Federación Galega de Atletismo.

A distribución da Asemblea Xeral da Real Federación Española de Atletismo está composta por 162 membros, dos cales 19 son natos por razón do seu cargo e 142 electos.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button