CulturaCulturaFestas do Cristo O BarcoGalerías de fotosÚltima hora

O Barco, ao ritmo da festa

Os sons das charangas Terras do Bibei e Takicardia marcaba o ritmo da mañá do 12 de setembro no Barco. O ambiente da festa respirábase na vila non só pola música, que enchía as rúas, senón tamén polo parque infantil de xogos instalado na praza do Concello e que reunía a multitude de cativos, acompañados dos seus pais.

Ao mesmo tempo ás beiras do Sil, no Malecón, desenvolvíase a Xuntanza de Pandillas. As actividades continuarán pola tarde co Descenso do Sil, novas actuacións das charangas e tamén co espectáculo de Xoán Curiel. Pola noite, a parte da orquestra, a referencia será o concerto do grupo La Fuga.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button