ConcellosÚltima hora

O Barco aproba provisionalmente o plan parcial SUR-13

Permitirá desenvolver diversas obras de urbanización, como unha rotonda, e en parte da súa superficie instalarase unha nave comercial
O alcalde do Barco, Alfredo García, na rolda da prensa na que anunciaba a aprobación deste plan parcial./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O alcalde do Barco, Alfredo García, na rolda da prensa na que anunciaba a aprobación deste plan parcial./ Foto: Ángeles Rodríguez.

“É unha noticia imporante. Nuns momentos no que a construción está parada, no Barco proxéctase un desenvolvemento urbanístico. Falamos de investimento e iso xera traballo”, aseguraba o alcalde do Barco, Alfredo García, ao anunciar a aprobación provisional do plan parcial SUR na mañá do 3 de decembro. Trátase dunha zona situada no entorno das rúas Enrique Arias, da estrada N-536, do arroio Mariñán e de Cedie.

Asemade García incidía en que nesa zona está previsto a instalación dunha superficie comercial e dun novo aparcamento. Asemade valórase construír unha rotonda e tamén novas infraestruturas de carácter deportivo e, máis concretamente, pistas de tenis. “Para o Concello o desenvolvemento urbanístico desta zona é case estratéxico, inflúe moitos factores”, subliñaba o rexedor barquense.

Esta plan parcial é froito do plan xeral de ordenación municipal (PXOM) do Barco do ano 2003.

Artigos relacionados

Back to top button