ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco aprobará mañá en pleno unha declaracion institucional sobre a moza atopada morta

Concello de O Barco de Valdeorras.

 

A Corporación barquense ten previsto celebrar mañá unha sesión plenaria extraordinaria urxente para aprobar unha declaración institucional con relación á moza aparecida morta con signos de violencia no seu domicilio na vila valdeorresa.

Nesta mesma sesión plenaria a Corporación tamén decidirá as accións que se levarán a cabo desde o Concello nos próximos días. Os portavoces municipais mantivéronse en contacto durante as últimas horas e tomaron esta decisión de forma conxunta.

Artigos relacionados

Back to top button