ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco baixa a 111 casos activos de Covid, 9 menos que onte

Vista do Barco./ Foto: A.R.

 

Unha xornada máis continúa á tendencia á baixa nos casos activos de Covid-19 no Barco de Valdeorras. Segundo os últimos datos feitos públicos polo Sergas neste 3 de agosto (actualizados ás 18h. de onte), son 111 os casos positivos por coronavirus rexistrados neste municipio, o que supón 9 menos que onte.

Así e todo, a incidencia acumulada no concello mantense en >250 nos últimos 7 días e en > 500 nos útimos 14 días, segundo a Consellería de Sanidade.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button