ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco baixa a 43 casos de Covid e sitúase en nivel de alerta amarelo

Imaxe do centro do Barco.

 

Tendencia positiva na evolución do coronavirus no Barco. Mantén un descenso no número de casos nos últimos días. Así segundo os datos que lle vén de comunicar o Sergas ao Concello, este municipio conta con 43 casos de Covid, son 4 menos que onte.

Ademais, neste 29 de outubro, sitúase en nivel de alerta 1 (amarelo) no mapa epidemiolóxico galego que elabora o Sergas en función dos casos confirmados por probas PCR nos últimos 7 días. Así, segundo esta última actualización no Barco rexistráronse entre 7 e 14 casos nesa franxa temporal.

Este concello valdeorrés estivo moitos días en nivel 3 (vermello) e onte pasaba a nivel 2 (laranxa), este novo cambio de nivel de alerta confirma a evolución descendente no número de casos.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button