ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco baixa a nivel de alerta 0 e sitúase en 31 casos de Covid

Panorámica da vila do Barco./ Foto: A.R.

 

Logo de semanas cun nivel de alerta 3 (vermello) no mapa epidemiolóxico do Covid-19 que elabora a Consellería de Sanidade en función dos útimos casos confirmados por PCR, o municipio do Barco situábase na semana pasada en nivel de alerta 2 (laranxa), logo 1 (amarelo) e, finalmente, no domingo 1 de novembro nivel 0 (verde). Isto significa que o concello rexistra menos de 7 novos casos de coronavirus confirmados por probas PCR nos últimos 7 días.

Este descenso tamén se reflexa na cifra total de casos activos que rexistra O Barco. Así, segundo a información comunicada polo Sergas ao Concello, neste luns son 31 os positivos de coronavirus, o que supón 10 menos que os notificados o pasado venres 30 de outubro.

 

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button