En portadaÚltima hora

O Barco baixa ata os 51 casos de Covid

Este concello valdeorrés pasa ao nivel de alerta 2 no mapa galego do Covid de Sanidade

Imaxe do centro da vila do Barco.

 

Tendencia á baixa nos casos de coronavirus no concello do Barco. Este municipio, que chegou a situarse en 87 casos activos hai apenas dúas semanas, conta agora con medio cento de casos, segundo os últimos datos que o Sergas lle comunicou ao Concello do Barco.

Este descenso nos indicadores facíase especialmente evidente durante a fin de semana, xa que se pasou de 68 casos activos na xornada do sábado 17 de outubro a 56 na do domingo, e a un total de 51 neste luns.

Isto supuxo tamén que variase o nivel de alerta epidemiolóxica para O Barco no mapa da Consellería de Sanidade en canto aos casos confirmados por PCR nos 7 últimos días. Este municipio deixou o nivel de alerta 3, cor vermella, e sitúase agora no nivel 2 (cor amarela) ao rexistrar entre 14 e 21 novos casos confirmado na última semana.

 

Fonte: Consellería de Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button