En portadaÚltima hora

O Barco baixará do nivel máximo ao nivel alto de restricións mentres que A Rúa, Vilamartín e Trives continuarán no medio

As medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 7 de agosto

Paseo do Malecón, no Barco./ Foto: A.R.

 

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar, na súa xuntanza desta tarde, o nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo.

A boa nova chega para O Barco de Valdeorras que pasará do nivel máximo ao nivel alto de restricións, xunto a varios municipios da provincia de Ourense: Verín, Ourense, Avión, Barbadás e O Carballiño. Tamén estarán no nivel alto os seguintes concellos: Cambados, Boiro, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo,  A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño e Tui, Xove e Palas de Rei.

Con respecto aos concellos nos que as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento, mantéñense A Rúa, Vilamartín de Valdeorras e A Pobra de Trives. Tamén estarán neste nivel os seguintes concellos: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Riós, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.

Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro sábado, 7 de agosto.

 

Artigos relacionados

Back to top button