En portadaGalerías de fotos

O Barco, capital española das augas bravas

As augas do río Sil, escenario do campionato nacional deste tipo de descenso nas modalidades sprint e clásica

Na fin de semana do 23 e 24 de maio, padexeiros de diferentes comunidades autónomas daranse cita no Barco de Valdeorras para desputar a segunda das citas do Campionato de España de Descenso de augas bravas (sprint e clásica), tras a competición celebrada en Camarasa (Lleida) a finais de abril.

Así prevese a participación de clubs de Castela e León (en concreto de Salamanca, Palencia e León), do País Vasco, Cataluña, Asturias e, por suposto, de Galicia. Entre estes últimos estará o Fluvial Barco, que será asemade o organizador das probas en colaboración co Concello do Barco e coa Federación Galega de Piragüismo. Un dos favoritos na categoría senior será o barquense Jesús Rodríguez León.

O programa deste evento nacional, que se enmarca nas Festas da Santa Rita, comezará o día 23 de maio. A primeira das competicións era a Copa España clásica individual. As saídas comezaban a partires das 15:30h. dende a localidade barquense de Éntoma, cun circuíto similar ao de anteriores edicións. A súa chegada estaba no tramo do río Sil á altura da pasarela do Malecón.

Esta mesma tarde desenvolverase o Campionato de España de clásica por patrullas (equipos de tres padexeiros do mesmo club). O seu circuíto será idéntico ao da competición individual e a primeira das saídas darase ás seis da tarde.
O campionato de augas bravas continuará na xornada do domingo 24 de maio.

Texto: A.R.

Fotos: Carlos G. Hervella/ Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close