DeportesÚltima hora

O Barco, capital galega do atletismo cadete

A vila acollerá o 27 de maio o campionato autonómico desta categoría, na que os atletas do Adas loitarán polos podios
Competición nas pistas de Calabagueiros (O Barco)./ Foto: A.R.

Calabagueiros (O Barco) será novamente punto de encontro do atletismo galego. Nas súas pistas disputarase ao longo da xornada do 27 de maio o Campionato de Galicia cadete/ Sub16. Nesta competición terá unha destacada representación o Adas Proinor, con opcións de podio en varias probas como os valados como é o caso dos valados, onde Belén García loitará por rebaixar os seus xa destacados 46.08, que acadaba a finais de marzo.

Outras modalidades con posibilidades para os atletas locais serán a lonxitude, o lanzamento de martelo ou o salto con pértega. Está previsto que o campionato comece ás 11h. cos 3.000 marcha feminino e co martelo (4 kg) masculino, despois virán os 3.000 m e a altura femininas, a lonxitude masculina ou os 3.000 m masculinos, entre outras disciplinas. A xornada da mañá concluirá coa final dos 100 m ás 14:10h.

A competición galega reanudarase ás 16:45h. co lanzamento de disco (800 g) feminino e co triplo masculino, así como co salto de altura e coa pértega masculinas. A partires das 17:30h. darase paso ás carreiras, comezando polas semifinais de 100 v masculinas e femininas. Logo virán as probas de 600, os 5.000 marcha, os 100 v (0,762) e 100v (0,91), ademais da xavelina, o triplo e as carreiras de 300.

Artigos relacionados

Back to top button