EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O Barco CCA celebra a súa asemblea anual

Na clausura contarase co alcalde da Veiga que falará sobre a certificación de “Destino Starlight” para Trevinca
Imaxe da asemblea do Barco Centro Comercial Aberto no 2014./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe da asemblea do Barco Centro Comercial Aberto no 2014./ Foto: Carlos G. Hervella.

O centenar de asociados do Barco Centro Comercial Aberto (CCA) celebrará o vindeiro 14 de outubro a súa asemblea anual. A reunión está convocada para as oito e media da tarde no salón de actos do edificio multitusos barquense e nela farase un balance das actividades e xestión realizadas ao longo do 2014.

Así na orde do día da asemblea inclúense, entre outros puntos, a memoria de actividades do pasado ano, a ratificación das novas solicitudes de afiliación, así como a liquidación das contas do 2014 e a previsión de orzamento para o 2015.

Ademais, seguindo a liña de anos anteriores, no acto de clausura o CCA barquense, que preside Ángel Álvarez, apostará por poñer en valor actividades e sectores do entorno desta asociación. Desta volta contarase coa presenza do alcalde da Veiga, Juan Anta, que explicará a importancia da certificación de destino turístico Starlight que Trevinca vén de conseguir este verán.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close