EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA celebrará o Samaín cunha xincana polos comercios

Estableceranse tres rutas cun total de 36 establecementos e os participantes poderán ganar premios de 500 euros, 300 euros e 200 euros

A vicepresidenta do Barco CCA, Ángeles Rodríguez, e a concelleira de Comercio do Barco, na presentación da campaña./ Foto: A.R.

 

O vindeiro 31 de outubro terá lugar nos establecementos do Barco a “I Xincana do Comercio Samaín 2019”. Esta nova iniciativa está promovida polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA)e nela participarán un total de 36 comercios.

“Durante a xincana os grupos inscritos (formados por entre 2 e 8 persoas) terán que percorrer o maior número posible de establecementos, realizando unha proba sinxela. Os comercios estarán identificados no seu exterior e cada un dos grupos levará un pasaporte que terá que selarse en cada local tras superar a proba”, tal e como explicaba a vicepresidenta do CCA, Ángeles Rodríguez, na presentación desta campaña xunto á concelleira de Comercio do Barco, Irene Dacal.

A xincana incluirá un total de 6 rutas, nas que deberá pasarse por un mínimo de dous establecementos. O punto de partida dos grupos participantes será a praza do Concello barquense ás 17h. do 31 de outubro. “O ganador será o que consiga o maior número de establecementos e, en caso de empate, o que teña máis establecementos en menor tempo”, matizaba a vicepresidenta.

 

 

Este concurso establece tres premios: un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 300 euros e un terceiro de 200 euros, todos eles en vales de compra que poderán ser canxeados en calquera dos establecementos da campaña ata o 22 de novembro.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse no correo obarcocca@obarcoccaberto.com, no teléfono 988 32 11 50 ou no Whatsapp 698130564. O prazo límite para anotarse será o 29 de outubro ás 19h.

Pola súa banda, a concelleira de Comercio, Irene Dacal, animaba á participación, “trátase de mover á xente, canto máis movemento haxa, máis se moverá tamén o comercio”.

Establecementos participantes

Artigos relacionados

Back to top button