EconomíaEconomía

O Barco CCA, con novas iniciativas

Ángel Álvarez, presidente do CCA, anuncia a organización dunha “campaña de Outono”
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Cumpre case cinco meses na presidencia do Barco Centro Comercial Aberto (CCA). Ángel Álvarez Núñez conseguía o pasado 10 de abril o apoio unánime dos asociados desta entidade barquense e tomaba as rendas dunha directiva formada por nove persoas. Era a ademais a primeira vez que un empresario da hostalaría asumía o cargo, xa que as anteriores presidentas procedían do sector comercio. Nesta entrevista Ángel Álvarez fai balance dos seus primeiros meses de xestión e adianta que, unha vez celebrado o Mercaberto, “a xunta directiva voltará a reunirse para poñer en marcha algunhas iniciativas que pretendemos levar a cabo antes do Nadal, é o que sería a campaña de outono, para a que xa temos algunhas ideas”.

É a primeira vez que un hostaleiro preside o CCA ¿que lle pode aportar este novo punto de vista á asociación?

Antes de ser presidente xa formaba parte da súa xunta directiva, representando ao sector da hostalaría, polo que xa aportaba ideas que podían ligar o comercio e o sector hostaleiro. Creo que iso é algo que conseguín na maioría das miñas propostas, pero, claro está, isto non sería así sen o apoio dos nosos asociados. E nesa liña continuarei traballando para seguir cambiando as cousas e que todos os sectores saian beneficiados.

¿Como teñen sido estes primeiros meses na presidencia, tendo en conta ademais que o cambio na directiva do CCA practicamente coincidiu coa celebración da pasarela de moda e cos Maios?

Foron meses de adaptación porque, aínda que xa era membro da anterior xunta directiva, había pequenas cousas relacionadas coa xestión das que non era tan consciente. Ao comenzar o mandato a mediados de ano non podiamos modificar os proxectos porque xa se presentara un avance de contas na asemblea anterior [en novembro de 2012 con Charo López como presidenta] e estaba en marcha a solicitude de subvencións e incluso xa se realizara algunha reunión para presentalos ante a directora xeral de Comercio. O inicio do mandato coincidíu coa organización de actividades que, aínda que non estaban totalmente pechadas, si é certo que estaban na mente de todos. Para decidir se se realizaba ou non a pasarela, a xunta directiva acordou pasar unha enquisa a todos os asociados para coñecer a súa opinión ao respecto e, unha vez contabilizados os resultados, decidíuse continuar coa organización. E, en relación aos Maios, non tiñamos dúbida de que era unha actividade que debíamos organizar porque cada ano vai en aumento, como xa se puido comprobar, e non supón un elevado custe como pode ser o caso doutras actividades.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(A entrevista íntegra pode lerse na edición en papel do Especial Cristo do Periódico O SIL).

Artigos relacionados

Back to top button