EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA convida aos nenos a aprender a cociñar

Prepara un obradoiro de cociña infantil que se celebrará os días 16 e 23 de xullo no Malecón
Presentación do obradoiro de cociña infantil do CCA./ Foto: Carlos G. Hervella
Presentación do obradoiro de cociña infantil do CCA./ Foto: Carlos G. Hervella

O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) lanza unha nova proposta para este verán, desta volta pensando nos máis pequenos da casa. Trátase dun obradoiro de cociña infantil que se desenvolverá os días 16 e 23 de xullo a partires das seis da tarde no Paseo do Malecón da vila. Así o anunciaba o presidente do CCA barquense, Ángel Álvarez, xunto co coordinador da actividade, Luis Enrique Rodríguez “Coquixo”, na presentación desta nova campaña na mañá do 25 de xuño.

Os rapaces aprenderán a preparar unha paella xigante que logo servirán e degustarán cos seus familiares e amigos.
A prazas son limitadas e as persoas interesadas poderán realizar as inscricións no CCA.

Máis información na edición en papel de xullo do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button