EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA e AEVA convocan á cidadanía para unha “foto de familia” que se usará no cartel de Nadal

A cita será o 17 de novembro ás 11:15h. na praza do Concello do Barco e os valdeorreses poderán acudir disfrazados con motivos propios destas festas

“Queres formar parte do noso cartel de Nadal?” é o convite que O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e a Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) fan á cidadanía con motivo da súa nova campaña de Nadal. Así convoca aos valdeorreses o vindeiro sábado 17 de novembro ás 11:15 h. da mañá na praza do Concello do Barco co fin de facer unha foto de familia que servirá de fondo para o cartel da campaña que organizan estas dúas entidades empresariais coa colaboración do Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

“Durante este evento sortearanse tres pulseiras FITNESS XIAOMI MI BAND e algunha sorpresa máis”, adiantan dende AEVA e dende o CCA. Ademais para “darlle un carácter máis festivo ao encontro e que vaia máis acorde coas festas vindeiras, convidamos aos asistentes a acudir disfrazados con motivos de Nadal”, engaden.

Artigos relacionados

Back to top button