EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA e AEVA farán a fotografía do seu cartel de Nadal esta tarde no Malecón

Preparativos do ano pasado para facer a foto. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) e a Asociación Empresarial de Valdeorras (Aeva) poñen en marcha este ano a campaña de Nadal máis cedo que nunca. Mantendo a liña do 2018, solicitarán novamente a colaboración “de todos os valdeorreses que desexen formar parte da fotografía que ilustrará o cartel da nova campaña navideña”, adiantan.

O único requisito para tomar parte da instantánea é “acudir ao lugar ataviados con algún motivo navideño”. A cita terá lugar o vindeiro 25 de outubro ás 18h. no Paseo do Malecón (xunto á rúa Pescadores). Despois deste acto sortearanse agasallos entre os asistentes.

Artigos relacionados

Back to top button